Ribadeo

Localidad

1 valoracións
6
6
3

Restaurantes en Ribadeo

Restaurante A Dorada Do Cantábrico, Ribadeo ©Street View

Restaurante A Dorada Do Cantábrico, Ribadeo ©Street View

Como vila turística, Ribadeo conta cunha oferta variada de bares e cafetarías onde almorzar. Dende primeira hora os establecementos do centro abren as súas portas, polo que, de ter pasado a noite no albergue de peregrinos, haberá que desprazarse uns centos de metros para servirse un bo almorzo en calquera dos establecementos dispostos no núcleo urbano.

Para comer, pódese optar polo centro da vila ou desviarse minimamente da ruta para gozar dos restaurantes e mesóns do porto de Porcillán, próximo ao albergue, en establecementos como La Solana (Rúa Antonio Otero, 41); Restaurante Miguel (Porto Deportivo) ou o restaurante O Mariñeiro, no mesmo porto. De dispoñer de tempo abondo como para permitirse unha comida tranquila, paga a pena achegarse ao porto de Rinlo, algo afastado do centro -xa próximo á praia da Catedrais- para ir de viños e tapas polos mesóns e tascas do Alén, A Lira, ou Cortello...

Se o que se busca é un xantar rápido e económico, o centro da vila é unha boa opción, en bares de tapeo como O Trasmallo (Rúa Amando Pérez, 4) ou o Oviedo Bar 2, xunto á igrexa de Santa María.

O tempo en Ribadeo

26/04/2024

broken clouds

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Conexión por autobus
  • Caixeiros
  • Farmacias
  • Garda Civil982128048
  • Policía local689550055
  • Conexión por tren
  • Protección Civil659942159
  • Supermercados
  • Paradas de taxi
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom