Situado a uns 12 quilómetros da localidade de Sarria, atópase este mosteiro benedictino fundado no século VI (atribúese a San Martín de Dumio), de vital importancia na historia do Camiño de Santiago por ser parada habitual de peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela.
Situado na localidade lucense de Samos, o mosteiro -uno dos máis importantes de Galicia- tivo unha gran influencia na vida social e relixiosa medieval, dentro do contexto do Roteiro Xacobeo; contaba cun hospital e un albergue onde os peregrinos eran atendidos polos monxes (téñense rexistros do aloxamento de peregrinos desde o século XI).
O Mosteiro de San Julián de Samos, en pleno Camiño Francés, sufriu na súa historia diferentes ampliacións, abandonos, reconstrucións e incendios, como o que o arrasou en 1558 ou o máis recente e devastador, en 1951.
Actualmente a maior parte do conxunto procede do s. XVIII, coas diferentes reconstrucións e reformas que sufriu ao longo da súa historia recolle varios estilos, como o gótico tardío, o renacentista ou o barroco.
O conxunto está composto dunha igrexa barroca construída no s. XVIII, dous claustros: o chamados Claustro Grande (s. XVII), Claustro Pequeno ou "das Nereidas" (s. XVI), unha biblioteca con máis de 25.000 volumes de gran valor histórico e a chamada Capela do Ciprés (finais do século IX), con máis de mil anos de antigüidade.
Ofrécense visitas guiadas por un monxe ás que se pode acceder sen reserva. En días laborables empezan ás 12.00, pola mañá e ás 16.30, pola tarde. Os domingos pola mañá empezan ás 12.45 -despois da misa- e polas tardes á mesma hora.
Ademais, o mosteiro conta con dous albergues para peregrinos, un no interior do recinto, que é gratuíto e só está aberto a partir do 19 de marzo. O outro está no exterior, a 50 metros do mosteiro, e ofrece aloxamento de pago, durante todo o ano.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
No hay ningún comentario en este muro social
27°
25/09/2023
muy nuboso
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649