A urbe vilalbesa conta con todo tipo de servizos. Os sanitarios contemplan clínicas de fisioterapia, farmacias, servizo de urxencias médicas e un posto da Cruz Vermella situado no polígono industrial (982511151). Unha decena de supermercados, casas de ultramarinos, panaderías e confeiterías facilitan o aprovisionamento do romeiro, que tamén terá acceso a varias entidades bancarias: Novagalicia Banco (Pravia, 15); A Caixa (Pravia, 2); BBVA (Pravia, 7); Banesto (praza Suso Gaioso, 11); Santander (Pravia, 4); Banco Sabadell (Pravia, 50); Banco Popular e Pastor (Pravia, 28 e 49); Banco Gallego (Plácido Peña , 23) e Caixa Geral (Pravia, 8).
A oficina de Correos sitúase na rúa Alcalde Fraga Belo 34 e a de Turismo en Domingo Goás 2, adxacente á avenida principal de Pravia. Para contacto coas dependencias municipais de Turismo: 982511383 ou a través do correo museo@museovilalba.org. O horario de atención ao público é de martes a sábado de 11:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:30 horas.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
No hay ningún comentario en este muro social
11°
28/11/2023
moi nubrado
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649