A compostela

A Peregrinación

A compostela é o documento eclesiástico que certifica que realizamos o Camiño de Santiago completando polo menos os últimos 100 quilómetros de calquera das rutas xacobeas.

13
A compostela
@ Mónica Ferreirós

@ Mónica Ferreirós

Que é a compostela?

En Vivecamino unha das preguntas máis frecuentes coas que nos atopamos é acerca deste documento. A compostela é un documento, outorgado polas autoridades eclesiásticas, que certifica ter completado polo menos 100 quilómetros a pé ou dacabalo (200 se se fai en bicicleta) do Camiño de Santiago. Expídese en Compostela a todos aqueles peregrinos que, mediante a credencial do Camiño debidamente selada, demostren o seu paso ordenado, por motivo relixioso ou espiritual -aínda que sexa en sentido de procura-, polos diferentes enclaves dalgunha das rutas xacobeas (serán válidas calquera delas). Aqueles que teñan completado o Camiño por outros motivos (lúdicos, deportivos…) poderán solicitar ao chegar a Santiago outra certificación coñecida como o certificado do peregrino.

No momento no que as peregrinacións ao sepulcro de Santiago Apóstolo comezaron a institucionalizarse, naceu a necesidade de acreditar dalgunha forma ter completado o Camiño. Á compostela precedérona unhas insignias con forma de cuncha de vieira que, ao ser facilmente falsificables, foron substituídas polas denominadas cartas probatorias, orixe da actual certificación oficial.

No século XVI, os Reis Católicos constituíron a Fundación do Hospital Real, que hospedaba gratuitamente durante tres días no edificio que hoxe ocupa o emblemático Hostal dos Reis Católicos aos peregrinos que presentasen a compostela. A fundación, envorcada na asistencia sanitaria aos camiñantes que chegaban a Compostela, converteuse no hospital máis importante de Galicia e, co tempo, pasou a ser a sede da escola médica de Santiago. Reinaugurado en 1954 como parador de turismo, o lugar, fiel á tradición que lle marca a historia, continúa ofrecendo almorzos, comidas e ceas aos dez primeiros peregrinos do día que se identifiquen coa compostela.

Cos anos, o Camiño de Santiago foi popularizándose cada vez máis. As mareas de peregrinos comezaron a chegar desde todos os recunchos do mundo e, con este fervor, multiplicáronse tamén as fraudes e falsificacións e xermolou na Igrexa o medo a que o sacrificio do camiñante para expiar os pecados se convertese nunha sorte de aventura lúdica que deixase ao carón as motivacións espirituais. Este é o motivo que leva ao Arcebispado de Santiago a establecer certos requisitos para lograr a compostela. Limitouse a concesión do documento a aqueles peregrinos que acudan á tumba do Apóstolo por razóns relixiosas seguindo as rutas a pé, en bicicleta ou dacabalo e non poderán solicitar a compostela aqueles que non teñan completado os últimos 100 quilómetros se van a pé ou dacabalo, ou os últimos 200 se o fan en bicicleta.

Quilometraxe necesaria

Tanto aos camiñantes como aos ciclistas xurdíronlles dúbidas sobre o punto exacto desde onde poden conseguir a compostela. A Oficina do Peregrino aclara que para aqueles que realizan as rutas a pé o mínimo de quilometraxe necesaria para obter o documento cóbrese, no caso do Camiño Francés, desde Sarria ou Barbadelo; no do Inglés, desde Ferrol ou Neda; no caso do do Norte, desde Vilalba ou Baamonde; no Primitivo, desde Lugo; e, no da Vía da Prata, desde Ourense. Ademais, tamén poderán recibir a Compostela aqueles camiñantes que realicen o Camiño de Fisterra-Muxía e que cubran como primeira etapa o percorrido que une ambas as localidades pola costa e, posteriormente, finalicen o resto das etapas ata Santiago. Desta forma tamén cubrirían os 100 quilómetros necesarios.

Para os ciclistas que realizan o Camiño Francés o mínimo (200 quilómetros) para conseguir este documento é Ponferrada; para os que realizan o Camiño Portugués, Póvoa de Varzim; para os do Camiño do Norte, Tapia de Casariego; para os que se achegan a Santiago polo Camiño Primitivo, Grandes de Salime; e para os que o fan pola Vía da Prata, A Gudiña (é no único caso no que se expide aos ciclistas que iniciaron percorrido dentro de Galicia).

Requisitos para obtela

O texto que inclúe a compostela, un documento ilustrado coa característica orla de follas de carballo e vieiras no que se escribe en latín o nome do peregrino, reza o seguinte: «O cabildo desta Santa Apostólica Metropolitana Igrexa Catedral Compostelá, custodio do selo do altar de Santiago Apóstolo, para que todos os fieis e peregrinos que chegan desde calquera parte do orbe da terra con actitude de devoción ou por causa de voto ou promesa ata a tumba de Santiago, o noso Patrón e Protector das Españas, acredita ante todos os que observen este documento que: (o nome do peregrino) visitou devotamente este sacratísimo Templo con sentido cristián (pietatis causa). En fe do cal lle entrego o presente documento referendado co selo desta mesma Santa Igrexa». A certificación está asinada polo secretario capitular da igrexa compostelá.

Unha vez que o peregrino chega a Santiago, pode recoller a compostela no novo Centro Internacional de Acollida de Peregrinos, situado na rúa Carretas, número 33, preto da praza do Obradoiro (981568846). Poderá solicitala calquera persoa física, incluso se é menor de idade, a condición de que vaia acompañada dos seus pais ou en grupo e teña capacidade para comprender a natureza espiritual ou relixiosa do Camiño. No caso de, segundo a Oficina do Peregrino, non ser o «suficientemente maduro», concédeselles un certificado especial cos seus nomes que acredite ter completado as etapas da ruta escollida. Para certificar a peregrinación de bebés ou nenos de moi curta idade adóitanse incluír os seus nomes na compostela dos seus pais ou do adulto que os acompaña.

O horario da Oficina do Peregrino é, en Semana Santa e desde o 1 de abril ata o 31 de outubro, de luns a domingo de 8.00 a 21.00 horas. No inverno (desde o 1 de novembro ata o 30 de marzo, excepto en Semana Santa), abre todos os días de 10.00 a 19.00 horas. A oficina pecha os días 25 de decembro e 1 de xaneiro. Os camiñantes que cheguen nesas xornadas a Santiago poderán recibir a compostela na sancristía da Catedral.

Outros documentos

Imagen 1591

Desde hai anos, moitos peregrinos non terminan o seu longo camiñar en Santiago senón que continúan percorrido ata Fisterra ou Muxía. Ante a gran cantidade de romeus que reclamaban un documento que acreditase que cubriron ambos os itinerarios, creáronse dous certificados específicos, non recoñecidos pola Igrexa e expedidos polos concellos. Trátase da fisterrá (creada en 1997), que se debe solicitar no albergue de Fisterra, e amuxiana, que se pedirá na Oficina de Turismo desta localidade costeira.

Imagen 1592

Ademais, desde o mes de xullo do 2013, tanto na Oficina de Turismo de Padrón (avenida Compostela, s/n) como no albergue municipal desta localidade, tamén se expide o diploma da traslatio xacobea, o documento que acredita que os peregrinos cubriron por mar o percorrido que realizou a barca cos restos do Apóstolo. Os romeus deberán partir do porto de San Vicente do Grove ou do de Ribeira e chegar a Padrón, facendo parada en, polo menos, dous concellos da ría de Arousa, onde deberán selar a carta náutica que acredita que realizaron tal ruta. En Padrón poráselles o último selo e daráselles de forma gratuíta este diploma.

Tamén en Padrón, e desde o 2010, recuperouse a credencial propia desta vila, que antigamente xa se lles expedía aos peregrinos e que desde ese ano foi rebautizada como pedronía. Con iso gañaba sentido ese dito popular de que o que vai a Santiago e non vai a Padrón, ou fai romaría ou non. Esta credencial dáselles a todas aquelas persoas que peregrinen de Santiago a Padrón ou que se trasladen desde calquera localidade da ría de Arousa á capital do Sar (vía marítimo-fluvial) ou desde calquera municipio distante de Padrón un mínimo de 18 quilómetros. A maiores, os peregrinos deberán visitar os lugares xacobeos da capital do Sar: a igrexa parroquial de Santa María de Iria-Flavia; a fonte do Carme, o Santiaguiño do Monte e o Pedrón. A peregrinación poderá completarse a pé, dacabalo, en bicicleta ou en calquera tipo de embarcación de pequeno ou gran calado. As primeiras, se é posible, deberán chegar ata o río Sar; as segundas, ao pantalán da Ponte, e os seus ocupantes continuar a pé o tramo ata a vila. Para obter a pedronía, os camiñantes deberán ter a chamada carta de peregrinación, que poderán descargar desde a web do Concello de Padrón (www.concellodepadron.org) e que deberán selar no municipio desde o que partan. Ao chegar a Padrón entregaráselles o certificado na oficina de turismo, no albergue dos peregrinos ou nas dependencias municipais.

Actividade

Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!

Actividade recente
Sin avatar
Santiago Abarca 10/05/21 22:04:43
03
Buenos días... estamos pensando hacer con mi esposa el camino. Si bien soy discapacitado puedo caminar y creo que podría completar los 100 km. Pero tengo una duda: ¿tienen que ser consecutivos? o pueden ser tramos no consecutivos de la misma ruta que sumados completen o superen los 100 km. Desde ya muchas gracias ... Saludos
0 3
Sin avatar
Irahc 16/05/2021 02:49:34
0
Hay un matiz importante. Esas condiciones solo son necesarias si tu idea es, al llegar a Santiago, solicitar la Compostela. Si no, ese itinerario, en España entre Roncesvalles o Valcarlos y Santiago, puedes hacerlo como mejor te venga y gustes. Como si lo quieres hacer al revés. Ánimo !
0
Sin avatar
Santiago Abarca 15/05/2021 16:34:40
0
<muchisimas gracias por la respuesta... veo cómo eorganizo mi viaje ... muy buena la página y la propuesta

salduos
0
Sin avatar
Doris Armas 20/02/19 15:09:11
02
Puedo obtener la Compostela Iniciando el camino desde oporto a pie?
0 2
Fernando Cammarota Cammarota
Fernando Cammarota Cammarota 26/02/2019 04:25:51
0
Si claro que sí ya que son mucho mas de 100 Km. Saludos, ánimo y buen Camino.
0
Sin avatar
lourdesjesus ponceverdu 23/02/2019 20:29:30
0
Sin ninguna duda
0
Navalcarnero desde mi bici
Navalcarnero desde mi bici 05/11/18 04:41:38
02
Y ya estamos con la primera etapa del camino ???:

1.-Navalcarnero-San Bartolome de Pinares (78,20 kilómetros).

Primera etapa del reto solidario, comenzando desde la Plaza de Segovia de Navalcarnero (gracias a mi familia por acompañarme en el inicio de esta aventura).
Bajo por carretera hasta Villamanta(con parada en el bar Pepe a tomar un café con mi familia) y continuando por carretera hasta Aldea del Fresno.
Una vez allí tomo dirección Presa de Picadas (conocida por much@s) y sigo la vía verde hasta San Martín de Valdeiglesias por la ruta del Boquerón (pista ciclable sin mayor problemas y para intentar no coger tanta carretera como en el track original.
Saliendo de San Martín de Valdeiglesias, tomo dirección El Tiemblo por carretera(uhhhhh con la primera subida seria) y encontrando en el kilómetro 46 la primera señal del camino (cruce con la carretera de Cebreros y denominado “Camino del Sureste”.
Una vez que llegamos al Tiemblo (parada obligatoria en su iglesia), para seguir por carretera hasta el pantano del Burguillo (podemos coger la calzada paralela a la carretera para evitar los coches).
Subiremos una pequeña urbanización y a la llegada al segundo puente dirección Avila(antes de cruzarlo) cogeremos un camino a la derecha bordeando todo el pantano(está muy chulo).No tiene pérdida porque veréis la construcción de un puente nuevo).
Al final del camino del pantano, cruzaremos un puente y subiremos ya por un camino amplio dirección El Barraco-GR.10).
Al final de este camino, saldremos a una carretera local sin encontrar casi tráfico.
A 2,5 kilómetros antes de llegar a San Bartolomé, encontraremos un cruce dirección Avila o San Bartolomé( uhhhhhh 2,5 kilómetros de subidita para terminar ???).
Llegando a San Bartolomé de Pinares lo primero que nos encontramos es un monumento al Camino De Santiago y a los peregrinos.
Busco posada La Paloma(C/La Paloma 69), donde puedes dejar la bici en un patio que tienen. (Recomendación de mi amigo Perfecto, sus propietarios muy amables).
Ahora toca ducha, cambiarme de ropa y un “descansito” para luego dar una vuelta por el pueblo.
Al final, modifico el track original para intentar coger el mayor camino posible, saliendo 50/50 carretera/camino, con menos kilómetros de los iniciales.
Buen tiempo, aunque un poco de aire que se agradece por el calor.
Aunque se encontraba cerrada, La Iglesia de San Bartolomé Apóstol, de 725 m², de fachada estilo herreriano es el símbolo del pueblo.
El Ayuntamiento está en la Plaza de Cascorro y La Plaza de España (La Plaza), es el lugar donde se celebran, durante las Fiestas de San Bartolomé, los festivales.

#1deJulio
#1deQuintilis
#yourule!
#tumandas!
#Navalcarnero-Camino Santiago-Finisterre
#767kilometros9dias3causas
#finaldelcaminofinaldelatierra
#unpedazodeilusion
#buencamino
#navalcarneroenbici.comwww.navalcarneroenbici.comhttp://manulealromero.wixsite.com/naval ... desantiago
0 2
Sin avatar
xacobito 03/07/2020 01:12:24
1
Eso es porque el artículo recoge los más transitados. El Camino Portugués por la Costa fue reconocido oficialmente el 21 de Agosto de 2016. Puede que el artículo sea anterior. Sí, te la darán.
1
Sin avatar
VALERIA D 02/07/2020 17:10:56
0
Hola buenos días, buenas tardes...les hago una consulta... Si realizo el Camino Portugués desde Oporto ya sea por la costa o central al llegar a Santiago de Compostela me otorgaran La Compostela? Esta duda me surgió al leer el articulo donde "La Oficina del Peregrino aclara que para aquellos que realizan las rutas a pie el mínimo de kilometraje necesario para obtener el documento se cubre..." Y no menciona el Camino Portugués a pie, solo en bici. Gracias...espero que se comprenda mi duda.
0
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom