O Grove-Padrón

1 valoracións
0
0
0
Información
Padrón

Padrón

A Ruta do Mar de Arousa Sur supón unha singradura dunhas tres horas ata o desembarco en Pontecesures. O punto de partida é a península do Grove, aínda que os peiraos de referencia para iniciar a navegación son os de Pedras Negras e a propia rada da vila do Grove, para confluír ambas fronte á localidade de Cambados, e estas, á súa vez, coa ruta desde Ribeira fronte á illa de Cortegada.

A ruta marítima desde Pedras Negras, coa Illa de Ons a proa, salva a estribor un puñado de illotes ata divisar a praia do Carreiro, areal onde se sitúa a necrópole de Adro Vello. Nese xacemento arqueolóxico achouse un dos vestixios máis reveladores da Traslatio do Apóstolo: unha moeda do século XII coa imaxe dos restos de Santiago a bordo da nave apostólica gobernada polos seus dous discípulos Atanasio e Teodoro.

Continúa a navegación coa península grovense a estribor, ata que se ve xa o porto principal da localidade. Desde alí pódese tamén iniciar a peregrinación en barco, deixando, neste caso, a estribor a illa da Toxa. Apenas unha milla ao norte, conflúen ambos itinerarios, á altura do porto de Cambados, localidade que presume de conservar un dos conxuntos históricos máis coidados de Galicia.

A navegación avanza cara á Illa de Arousa e Vilanova, cun paso baixo a ponte que conecta a illa pola estrada PO-307. A infraestrutura construída en 1985 acabou co illamento secular dos seus veciños.

A babor, deixa o peregrino o espazo natural do Carreirón, de recomendada visita.

Este é un dos tres humidais diferenciados que conforman o Complexo Intermareal Umia- O Grove - A Lanzada, Punta Carreirón e Lagoa Bodeira. Situado no sur da Illa, é un dos poucos espazos protexidos da costa arousá, con miradoiros de aves, especies autóctonas e unha lagoa interior. Está formado por un conxunto de pequenos lugares salvaxes, con algún barco afundido, e aos que resulta imposible acceder en coche ou moto. Un agradable carreiro bordea as sucesivas praias desta belísima paraxe natural.

Imagen 1024

Unha vez salvado o paso baixo a ponte divísase a estribor o porto deportivo e a poboación de Vilanova de Arousa, que se disputa coa Pobra, unha das paradas da ruta desde o norte, ser o berce do afamado escritor Ramón María del Valle-Inclán. En calquera caso, unha boa elección en caso de contemplar algún fondeo ou escala durante a navegación.

Pouco resta xa para alcanzar Vilagarcía de Arousa, demarcación na que conflúen a ruta norte (desde Ribeira) e sur (O Grove). A continuación, a estribor perfílase, como se mencionou, o porto de Vilagarcía de Arousa, a capital da rica comarca vitivinícola do Salnés -a terra do albariño- e a oitava cidade de Galicia. Hai que bordear outra illa, a despoblada, bela e moi verde Cortegada, paraxe que acolle o bosque de loureiro mellor conservado de toda a Europa Atlántica. Está situada a un paso da rica costa marisqueira de Carril, un pobo famoso polas súas ameixas.

O paso pode efectuarse pola lingua de mar que separa a Cortegada do continente (se a marea o permite) ou polo interior da ría. Esta opción permite divisar, a man esquerda, Rianxo, outro pobo mariñeiro con encanto, o último núcleo de poboación importante de calquera das dúas beiras do mar de Arousa, que neste tramo se funde co río Ulla. Esta zona, na que conflúen auga doce e auga salgada, esconde un dos bancos marisqueiros máis produtivos de Galicia, o dos lombos do Ulla.

A lancha enfila o río. A canle estréitase. Hai postes marcando unha ruta agora fluvial. O Ulla exerce de fronteira das provincias da Coruña e Pontevedra. A beira sur baña terras do concello de Catoira e chama máis atención que a norte.

Sorprenden ao viaxeiro os cruceiros erixidos sobre illotes, dous barcos e os descomunais alicerces da ponte do Eixo Atlántico ferroviario que cruza o río de norte a sur. Estes xigantes do século XXI dan paso na ruta ao enclave máis fascinante do tramo fluvial da peregrinación: os restos das torres do Oeste, unha fortaleza erixida na Idade Media para defender a Compostela das incursións dos viquingos. Alí, en Catoira, celébrase cada ano a principios de agosto unha gran festa que recrea o desembarco dos temibles homes do norte. Os drakkars de moderna construción que serven para transportar aos falsos invasores están amarrados no río gran parte do ano, e serven cos restos do castelo de testemuñas da historia.

O Camiño continúa apraciblemente polo río. Atravesa paraxes pouco poboadas. Por unha ruta ben marcada para os navegantes. O Ulla divídese pouco despois en dous brazos para rodear a Illa de Bexo, unha lingua de terra e vexetación sen construcións. Un par de meandros despois, o río vólvese máis angosto. Xa non agardan máis sorpresas ata pouco antes de chegar ao fin da ruta cando pola esquerda aparece o único afluente importante do Ulla neste tramo, o río Sar, que nace en Santiago de Compostela e atravesa Padrón.

Pouco despois termina a viaxe. Faino de forma abrupta en Pontecesures, nunha contorna sen ningún tipo de encanto e dominado pola presenza de varias fábricas. Alí, nun pantalán da beira norte do río, termina a ruta marítima. E débese tomar unha decisión: emprender a viaxe de regreso, talvez atravesando outras zonas da ría; ou completar a peregrinación achegándose a pé polo Camiño portugués ata a veciña localidade de Padrón, onde segundo a lenda desembarcou o apóstolo.

Actividade

Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!

Actividade recente
Sin avatar
Marsh Neal 04/04/22 14:08:28
00
Siempre es dificil para los novatos y no depende del area de la actividad. En mi opinion, primero que todo los novatos carecen de una buena base de conocimiento, incluso esto es extraño ya que ahora hay una gran cantidad de fuentes de informacion de donde puedes obtener articulos y material educativo, por ejemplo ahora me encuentro leyendo sobre el futuro ethereum y me ayuda a entender como el mercado de criptomonedas funciona en orden de intentar obtener el mayor retorno de la inversion.
0 0
Ruta relacionada
Localización
Mapa de la etapa
Localidades relacionadas
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom