Pontevedra

Localidad

2 valoracións
7
12
6

Información de Pontevedra

A orixe de Pontevedra está vinculada á súa situación estratéxica, tanto nas primeiras vías romanas como posteriormente na ruta medieval do Camiño portugués a Santiago

 

Pontevedra ©Panoramio / amadeus2050

Pontevedra ©Panoramio / amadeus2050

Pontevedra vén do latín Ponte Vetera, ponte vella, en alusión á ponte romana. A súa maior época de esplendor foi nos séculos XV e XVI grazas ao porto e a pesca de sardiña, cando se converteu na maior poboación galega. En 1833 foi declarada capital de provincia.

Hoxe Pontevedra destaca sobre todo polo seu coidado centro histórico, declarado conxunto histórico artístico en 1951. A cidade está cargada de lugares de interese para visitar e unha animada vida comercial e nocturna. Ronda os 83.000 habitantes e xa que logo goza de todos os servizos necesarios para o camiñante.

Curiosidades do Pontevedra

Se o visitante dispón de tempo non debería deixar pasar a oportunidade de visitar a Illa das Esculturas, no paseo do río Lerez. Trátase do maior museo ao aire libre de Galicia que integra unha illa fluvial no tramo final da canle, declarado como espazo natural protexido de Interese Comunitario.

A zona acolle a obra de doce afamados artistas galegos e foráneos. O material estrela é o granito galego, homenaxeado como vínculo entre a cultura, a economía e o pasado histórico. Fóra de Pontevedra é tamén recomendable a visita ao mosteiro de San Xoán de Poio, declarado monumento histórico artístico e do cal se descoñece a súa orixe exacta, aínda que se atribúe ao século VII. Ten unha zona de museo e un claustro dos mosaicos no que se pode gozar de panales de mosaicos bizantinos representando o Camiño de Santiago.

A ruta xacobea tamén é a protagonista do mosaico que se atopa no claustro da portería, coñecido popularmente como Claustro dos naranxos, e que foi realizado pola Escola de Mosaicos de Poio. Información e contacto do mosteiro na súa web.

Distancia do Camiño de Santiago desde Pontevedra

Se estás a percorrer o Camiño de Santiago ou estás a planificar facelo proximamente, debes saber que a distancia que separa Pontevedra de Santiago de Compostela é de 65 quilómetros.

O tempo en Pontevedra

18°

23/04/2024

clear sky

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Conexión por autobus
  • Caixeiros
  • Farmacias
  • Garda Civil986807900
  • Policía local986833080
  • Conexión por tren
  • Protección Civil986871188
  • Supermercados
  • Paradas de taxi
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom