O centro histórico de Santiago de Compostela é un dos lugares máis populares de España. Esta zona da cidade foi declarada Patrimonio da Humanidade en 1985 pola Unesco. Está comprendida por diferentes edificacións situadas na antiga zona que no século XI protexía a antiga muralla da cidade e outros barrios que aínda que se atopaban extramuros contan con moito valor histórico.
Aínda que coñecemos a cidade baixo o nome de Santiago de Compostela, ata o ano 813 alí situábase unha aldea chamada San Fiz de Solovio. Debido ao descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago, o día 25 de xullo do ano 813, esta pequena aldea creceu ata acabar converténdose na cidade que actualmente coñecemos. Dese crecemento naceu o centro histórico de Santiago de Compostela, zona que previamente hai que cruzar para atopar no seu interior a famosa Catedral de Santiago.
Dentro do centro histórico hai unha gran variedade de comercios e restaurantes con diferentes ofertas gastronómicas. No seu interior, tamén se atopan museos, fundacións e diferentes monumentos que se poden visitar para coñecer moito mellor a historia da cidade. Ademais, nun dos seus límites, exactamente en Porta Faxeira, atopámonos o acceso principal a outro dos puntos máis populares de Santiago, o parque da Alameda.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
No hay ningún comentario en este muro social
13°
24/09/2023
few clouds
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649