Reportaxe

A tumba de Santiago Apóstolo: Como se descubriu?

Case 800 anos máis tarde do seu falecemento, os restos do Apóstolo foron atopadas gracias a unha estrela que sinalou a súa ubicación

Tumba De Santiago Apóstol en la Catedral de Santiago - Wikimedia Commons/Lancastermerrin88

Tumba De Santiago Apóstol en la Catedral de Santiago - Wikimedia Commons/Lancastermerrin88

O Camiño de Santiago conta con numerosos roteiros que saen desde distintos puntos de Europa e percorren a Península Ibérica ata chegar a Galicia. E aínda que durante esta aventura os peregrinos gozan de incribles paisaxes e unha gastronomía moi variada, o motivo principal polo que moitos realizan o Camiño é o de visitar a Catedral de Santiago e coñecer a tumba do Apóstolo.

Pero aínda que agora todos sabemos onde se atopan os restos de Santiago, os mesmos estiveron ocultos durante máis de 8 séculos na antigüidade. Como foron descubertos entón?

A chegada de Santiago a Galicia e o enterro dos seus restos

Tras ser decapitado por Herodes Agripa I no ano 42 tras o seu regreso a Xerusalén, os restos de Santiago foron trasladados polos seus discípulos nunha longa viaxe en barca ata terras galegas. En concreto, desembarcaron no porto de Iria Flavia (actual Padrón) e depositaron o corpo do Apóstolo nunha gran roca que se converteu no Sartego Santo.

O seguinte paso que levaron a cabo os discípulos consistiu en mover este sartego ata o castelo da raíña Lupa, á que lle solicitaron un lugar para poder enterrar os restos de Santiago. Pero para sorpresa dos homes, a raíña enviounos á corte do rei Duyos, un inimigo do cristianismo que os encerrou. Aínda que como sabemos, a historia non termina aquí, senón que segundo conta a lenda, os discípulos foron liberados por un anxo.

Desta maneira, continuaron o seu camiño cara a Compostela e durante o mesmo os homes superaron diversos contratempos milagrosamente. Isto deixou perplexa a Lupa, que se rendeu ante os discípulos, converteuse ao cristianismo e puxo o seu propio palacio ao dispor dos homes para enterrar a Santiago. Pero cando se descubriu que alí xacían os restos do Apóstolo?

Desembarco del cuerpo del apóstol Santiago - Wiki Commons / Museo Lázaro Galdiano

Desembarco del cuerpo del apóstol Santiago - Wiki Commons / Museo Lázaro Galdiano

O descubrimento da tumba de Santiago

Aínda que Santiago foi enterrado pouco tempo despois da súa morte, pasaron 8 séculos ata que se atopou a súa tumba no ano 813. Este achado produciuse grazas a unha luminosa estrela (de aí o nome Compostela, campus stellae, ‘Campo da Estrela’) que chamou a atención dun ermitán chamado Paio. O mesmo, atónito polo que vían os seus ollos, alertou ao bispo de Iria Flavia, Teodomiro, e puxeron rumbo cara ao monte Libredón, sobre o que se atopaba a potente luz.

Alí, tras a maleza e á beira dun carballo, achouse un altar con tres monumentos funerarios. Un deles, contiña o corpo dun home degolado coa súa cabeza debaixo do brazo, e ao seu lado, un letreiro que indicaba: “Aquí xace Santiago, fillo do Zebedeo e de Salomé”. 

O bispo, por ‘revelación’, atribuíu os restos daqueles corpos ao Apóstolo e a dous dos seus discípulos, Teodoro e Atanasio. Ante tal descubrimento, o rei galaico-astur Alfonso II o Casto visitou o lugar e ordenou que se construíse unha igrexa na súa honra. Ese lugar, hoxe en día Santiago, converteuse nun punto de peregrinación para cristiáns de toda Europa.

Sepulcro de Santiago

Sepulcro de Santiago

Un segundo achado produciuse séculos máis tarde

Segundo conta a lenda, tras o desembarco de piratas no porto da Coruña no ano 1589, os restos de Santiago escondéronse para evitar a súa profanación. Aínda que máis tarde demostrouse que non os levaron moi lonxe.

A finais do século XIX, na procura dos restos perdidos de Santiago, leváronse a cabo diferentes escavacións no lugar no que se enterrou o corpo do Apóstolo. Desta maneira, descubriuse un pequeno agocho detrás do altar principal no que se gardaron os restos.

En 1884 o papa León XIII recoñeceu oficialmente este segundo achado, e aínda que nunca se confirmou científicamente que os restos pertenzan a Santiago, en 1986 a Unesco declarou a cidade de Santiago de Compostela Patrimonio da Humanidade. E dous anos máis tarde, o Camiño de Santiago foi proclamado ‘primeiro itinerario cultural europeo’, converténdose así nun dos destinos de peregrinación máis coñecidos do mundo.

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom