Arzúa

Localidad

1 valoracións
9
18
10

Qué ver en Arzúa

Arzúa ©Panoramio

Arzúa ©Panoramio

Na contorna do albergue público, na rúa Cima do Lugar, levántase un dos principais monumentos da vila, a capela da Madalena, o único vestixio dun convento de monxes agostiños do século XIV que, na actualidade, serve como sala de exposicións e conferencias. A pesar de que na súa maior parte é de cachotería popular, a capela conserva elementos de cantería, que revelan a súa orixe románica. Moi preto levántase a moderna igrexa parroquial de Santiago, construída entre 1955 e 1958, que posúe dúas imaxes do Apóstolo, unha como Peregrino e outra como Matamouros. Na praza principal, na praza de Galicia, levántanse o mencionado monumento ás queixeiras da comarca, que data do ano 1984, e unha estatua que lembra a Juan M.Vidal García, o alcalde republicano da localidade morto en 1936.

O Centro de Divulgación do Queixo e do Mel, onde coñecer algo máis destes produtos típicos da zona, localízase na Feira Nova, s/n. Teléfono: 981 508 142. Arzúa celebra ao grande tres festas anuais. A principal, e máis madrugadora, é a Festa do Queixo, un certame musical e gastronómico que converte a localidade durante o primeiro fin de semana de marzo no epicentro lúdico galego. O 16 de xullo, e con motivo do Carmen, Arzúa rende culto ás súas festas patronais, con varias xornadas de música, espectáculos e comidas populares.

O segundo fin de semana de agosto, a localidade acolle a Festa dos Botes, unha exitosa convocatoria que xa suma trinta edicións e que é a máis esperada polos mozos arzuáns. Nela non faltan actuacións musicais, guerras de almofadas, animacións rueiras, un entroido de verán e ata unha adaptación bañada en alcol do popular xogo da oca. Para os peregrinos que cheguen a unha hora temperá a Arzúa e busquen coñecer a contorna, hai tres visitas recomendables. Para chegar a algún destes destinos os viaxeiros deberán tomar a estrada que parte do centro da localidade cara a Dombodán e Vila de Cruces. A estrada é a CP-0601.

A primeira recomendación é o encoro de Portodemouros, unha fermosa presa cuxas beiras se sitúan en provincias distintas. A do norte, na Coruña e a do sur, en Pontevedra. Un transbordador une as dúas marxes nunha zona esterita, de apenas 400 metros, do encoro. Calquera pode subirse a ela a calquera hora do día e será transportado de xeito gratuíto. Para chegar ao destino haberá que cubrir primeiro os 9 quilómetros que hai desde o centro da localidade ata a parroquia de Dombodán e a continuación seguir dous quilómetros polo propio viario que vai cara a Portodemouros (AC-905). A 200 metros de alí sitúase O Enredo do Abelleiro, un lugar instrutivo sobre o mel e o mundo das abellas orientado aos máis pequenos da familia (teléfono: 981 508 072; aberto de 11 a 13 e de 16 a 19 horas).

Próxima aos dous anteriores enclaves áchase tamén a fervenza das Hortas. Trátase dunha fervenza de máis de 30 metros de altura con dúas caídas de auga. Para chegar ao lugar, os peregrinos deberán tomar en Arzúa a CP-0601 e continuar por ela ata a aldea de Hortas. Unha vez alí collerán o desvío cara a Ponte San Xusto e, a uns 200 metros, deberán tomar un cruzamento á dereita xunto a un bar. Seguirán esa pista ata as últimas casas e deixarán o coche nun escampado á esquerda. O carreiro que conduce á fervenza sae pola esquerda no mesmo escampado no que se deixa o coche. A fervenza é de fácil acceso.

Puntos de interes de Arzúa (4)

O tempo en Arzúa

19/04/2024

clear sky

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Garda Civil981500002
  • Policía local618881487
  • Protección Civil981500433
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom