Comer e durmir

Guía de Santiago

A oferta hostaleira e gastronómica de Santiago de Compostela é amplísima, dando acubillo a calquera tipo de peregrino, independentemente do seu peto.

6
Comer e durmir
Casco histórico / @ Mónica Ferreiros

Casco histórico / @ Mónica Ferreiros

Din que Santiago de Compostela é o pobo máis grande do mundo e á súa vez a cidade máis pequena do planeta. E é que a capital galega xunta as comodidades dos núcleos de reducido tamaño e as vantaxes das urbes máis sofisticadas. Crúzase de punta a punta cun lixeiro paseo e non ten nada que envexar en canto aos servizos que ofrecen as grandes capitais. Solitarios e tranquilos cantos ou buliciosas rúas de viños, todo nun mesmo escenario.

Sen dúbida, o casco histórico, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, é a xoia da coroa. Levantado pedra a pedra arredor da maxestosa catedral, moitas veces acapara todos os piropos dos forasteiros. Pero Santiago é moito máis que a súa zona vella. Dende o seu dinámico Ensanche ata os seus sinxelos e encantadores barrios, aos máis de dous millóns de metros cadrados de espazos verdes nos que coinciden turistas, estudantes e veciños.

O descubrimento da tumba do Apóstolo no século IX transformou para sempre este lugar sagrado, que ata entón era sitio de paso. Dende ese instante Santiago de Compostela non cesou de crecer e crecer. E sempre respectando as súas raíces.

Onde durmir

 A tradición de Santiago de Compostela como cidade de acollida queda fóra de toda dúbida. Conta co hotel máis antigo do mundo, nacido en 1499 como Hospital Real coa función de albergar os peregrinos. En plena praza do Obradoiro, o Hostal dos Reis Católicos conxuga luxo e calidade cunha ampla tradición jacobea. Un museo con vida.

O convento dos franciscanos, outro dos edificios emblemáticos de Santiago, tamén ofrece aloxamento. Segundo a lenda, fundado polo mesmo San Francisco de Asís, o Hotel Monumento San Francisco converteuse nun dos lugares de referencia tanto para composteláns coma para forasteiros. Gozar dunhas excepcionais vistas mentres se nada uns longos na súa piscina climatizada é unha experiencia inesquecible. A cen metros da Catedral.

Ademais destas dúas xoias, Santiago conta cunha importante rede hoteleira distribuída ao longo da cidade. Grandes cadeas internacionais, pequenos hoteis con encanto escondidos en pleno casco vello como o Costa Vella, o minimalismo de pensións de vangarda como Acibeche ou os tradicionais albergues compleméntanse e conviven á perfección nunha cidade que presume de contar con máis de 120 establecementos hoteleiros.

Onde comer

 Santiago de Compostela, como capital de Galicia, é o estandarte da cociña rexional. Ao seu mercado de Abastos chegan cada día os manxares máis exquisitos do Atlántico e as carnes e as verduras máis saborosas do planeta. Nesta praza mestúranse as estrelas Michelin cos universitarios máis torpes e as amas de casa máis experimentadas. Todos co mesmo obxectivo: conseguir o mellor produto ao prezo máis baixo.

Ás poucas horas, esta excelente materia prima estará cociñada con sabedoría e mimo para someterse ao veredicto dos padais máis esixentes ao longo dos máis de mil establecementos hostaleiros cos que conta a cidade do Apóstolo.

O gromo da hostalaría máis tradicional encóntrase nas rúas do Franco e a Raíña. Nesta zona estremeira á Catedral pódese gozar dende as tapas de orella que acompaña aos viños os prohibitivos percebes, pasando por porcións de polbo e pementos de padrón. Todo, regado cos mellores viños Mencía, Albarño e Ribeiro. A pesar de que estas dúas rúas son as que aglutinan un maior número de bares e restaurantes por metro cadrado, o resto do casco histórico tamén está enchido de negocios hostaleiros.

Xa fora das murallas, outra das zonas na que os composteláns adoitan gozar da boa mesa é a rúa de San Pedro. O produto, o protagonista, é o mesmo. Non se perde a esencia, pero advírtense aires novos tanto en técnica coma na presentación.

Dado o carácter peregrino e universitario da cidade, convén destacar que ao longo desta se ofrecen infinidade de menús a un prezo moi axustado. Ademais, Santiago non é allea ás cociñas doutros cantos do mundo. En Compostela tamén hai sitio para os amantes da comida mediterránea, italiana, arxentina, xaponesa, turca ou americana.

La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom