Puerta de Castilla en Los Arcos

Punto de interes en Los Arcos

0 valoracións
0
0
0

Puerta de Castilla en Los Arcos

Porta de Castela, imaxe de Wikimedia Commons

Porta de Castela, imaxe de Wikimedia Commons

Atravesar unha muralla durante o Camiño de Santiago agora non produce a mesma sensación que antes. Hai séculos, cruzar por baixo destas impoñentes portas siginificaba que o peregrino entraba nun territorio máis seguro que os camiños. Agora todas as vías están máis resgardadas, e as murallas non adoitan conservarse completas. É o caso de Los Arcos, punto emblemático do Camiño, e de cuxo muro só quedan algunhas portas.

A muralla dos Arcos

Ao longo do perímetro de Los Arcos construíuse no século XVI unha muralla de trazos renacentistas con influencia herreriana. As obras prolongáronse ata o século seguinte, polo que o estilo foi virando cara á estética barroca nalgúns elementos como o Portal ou a Porta de Castela. Pouco despois tivo que ser restaurado, en 1739, baixo o reinado de Felipe V.

A maior parte desta muralla non se conserva, só quedan en pé algunhas portas preto do río Odrón: a porta do Estanco, a de San José e a Porta de Castela. O casco histórico da vila segue pegado ao perímetro delimitado pola antiga muralla.

A Porta de Castela

Esta entrada na muralla dá á praza de Santa María; de feito, está pegada ao campanario da Igrexa de Santa María. Esta porta barroca consta dun arco de medio punto rebaixado, un corpo superior con tres faiados coroados con pináculos.

O espazo central é o máis amplo, está rematado por un frontón triangular que leva labrado o escudo de Castela. Está flanqueado a cada lado por un frontón curvo que contén a talla do escudo de Los Arcos. Estes tres escudos foron esculpidos en 1674 por Pedro López de Frías, e destacan a relación dos Arcos coa monarquía dos Habsburgo.

O paso por baixo desta porta marca o punto final da etapa que comeza en Estella, sendo á súa vez o punto de partida da seguinte, que remata en Logroño. Aínda quedan máis de 600 quilómetros para chegar a Compostela, pero a arquitectura románica que atopamos na Igrexa de Santa María é unha das mellores mostras da arte do Camiño.

Fotos e vídeos
O tempo en Los Arcos

29°

25/04/2024

broken clouds

Localización
Mapa de ubicación del punto de interes
Servizos
  • Conexión por autobus
  • Caixeiros
  • Farmacias
  • Garda Civil948640006
  • Supermercados
  • Paradas de taxi
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom