Melide é un dos lugares que máis peregrinos visitan, xa que é o punto no que se unen o Camiño Francés e o Primitivo, ademais de estar relativamente preto de Santiago de Compostela. Aínda que moitos só están de paso, este pobo do centro de Galicia ofrece lugares incribles que visitar, como a Igrexa de Santa María.
A igrexa de estilo románico atópase nos arredores de Melide e crese que foi construída a finais do século XII, a pesar da súa antigüidade esta consérvase perfectamente. O templo está formado por unha sóla nave con ábsida semicircular e bóveda de cascarón.
Sen dúbida, o que máis chama a atención dos visitantes é o interior, principalmente os teitos interiores que están decorados con arte renacentista. Destaca a teofanía da Santísima Trindade coa da ábsida, rodeado polos catro tetramorfos dos catro Evanxelistas, é dicir os animais que os representan. Ademais, destaca un dos capiteis que sosteñen o arco triunfal da igrexa, no que podemos ver un gravado dun home entre un león e un basilisco, que representan a Jesús e ao demo respectivamente.
Na sancristía do templo tamén podemos atopar exposta unha reliquia única en Galicia, trátase dun enreixado de estilo románico con herrajes en espiral, que antigamente se usaba para pechar o arco triunfal cando non se celebraban as misas.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
No hay ningún comentario en este muro social
17°
28/09/2023
muy nuboso
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649