Todos os territorios polos que hoxe pasan os roteiros principais do Camiño de Santiago formaron parte no seu día do Imperio Romano. Esta civilización é dabondo coñecida polas grandes infraestruturas públicas que chegou a crear por todo o seu territorio, como as calzadas que servían para vertebralo. Estas calzadas estaban sinalizadas cuns piares de granito chamados miliarios, moitos dos cales podemos ver hoxe en día no Camiño de Santiago.
Un dos máis famosos podémolo atopar preto da localidade pontevedresa de Redondela, pola cal pasa o Camiño Portugués. Trátase do Miliario de Vilar, tamén coñecido como o Miliario de Santiaguiño.
Este piar data do século II d.C. e formaba parte da Vía XIX, a cal unía as cidades de Braga e Astorga, pasando por Lugo. Como todos os da súa clase, este miliario tiña gravadas a distancia entre a súa localización e a cidade máis próxima e tamén a distancia con Roma. Séculos máis tarde, o miliario foi dalgunha forma cristianizado, cando gravaron cruces sobre el, xa que a súa forma fálica era interpretada como un símbolo pagán de fertilidade.
Máis aló do seu valor patrimonial, o Miliario de Vilar segue tendo un uso práctico na actualidade, xa que marca o límite entre Redondela e o veciño concello de Mos.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
No hay ningún comentario en este muro social
16°
22/09/2023
moi nubrado
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649