Horror, a miña bicicleta non está preparada para facer o Camiño de Santiago! Este é un pensamento recorrente de moitos peregrinos. A vida cámbianos, nenos, exceso de equipaxe, cans… e a nosa bici permanece aí impertérrita ou non temos e precisamos facernos cunha, en calquera caso é complicado que de primeiras cumpra as condicións óptimas para nós neste momento.
En canto a elección das cubertas de tu bici só prima una regla, o que lle serviu a outros non ten por que servirche a ti. Entran en xogo variables fundamentais para a elección da mesma. Ao final resúmese a grandes liñas en máis ou menos taco ou máis ou menos anchura da cuberta.
Se as túas etapas transcorren máis por asfalto o ideal son rodas de estrada máis ben estreitas, pola contra se as túas etapas acontecen por terreo de terra e posiblemente barro o ideal é buscar máis taco na túa cuberta e máis anchura.
Como non hai percorridos puros e a maioría de nós non somos avezados deportistas nin expertos peregrinos, o máis recomendable é empregar algo intermedio, unha cuberta rodadora con algo de taco e unha anchura 1.90 a 2.1.
Ter as cousas que necesitas a un xesto de distancia en tu bici é unha das mellores decisións que podes tomar. Como xa falaramos, unha bolsa onde gardar as lentes, a crema solar, un pano, o teléfono, a carteira ou os chicles, é comodísimo á hora de seguir a marcha. Para calquera cousa que necesites coller non é estritamente necesario que pares polo que nin perderás tempo nin o ritmo do pedaleo que che marcaras.
Ademáis, este tipo de bolsas permítenche colocar un navegador GPS, ideal para quen colla camiños alternativos para ver o ambiente ou para aqueles que aproveiten e pérdanse para visitar as localidades lindeiras ao Camiño. E ao mesmo tempo é fácil de sacar e poner para cando queiras facer un descanso e levala contigo.
Este tipo de bolsas podes conseguilas en tendas especializadas ou na internet e os seus prezos varían en según da calidade, tamaño e opción de almacenxe. Pódelas atopar por valores entre os 10 e os case 100 euros.
Equipaxe, o máis común nos peregrinos para a bicicleta é levar alforxas laterais, as cales poden chegar a ser moi espazosas, pero acórdache de repartir ben o peso e conta con que o devandito peso desgastará máis a túa roda traseira.
Tanto se te vas para moitos días, coma se decidiches durmir ao aire libre e necesitas cargar o equipo coma se tocouche levar a carga ou parte dela dun grupo, existe unha opción práctica e xenial chamada: remolque.
Igual que o resto dos elementos podes vincular á túa bici, no mercado podes atopalos de varios tipos e prezos, mesmo na internet así que se estás a pensar en usar este método de transporte nos vas ter o problema en atopar o teu.
Lembra que é importante ver o tempo que vai facer e o tipo de terreo (como sempre)
Para escoller entre unha versión máis deportiva ou de estrada.
Porque tes remolques que son só estrutura e pódelos atopar con cuberta para protexer as cousas.
Para elixir entre diferentes ancoraxes. Os prezos poden variar partindo dos 70 euros aproximadamente.
Se viaxas con nenos ou mascotas terás que instalar cadeira, remolque ou calquera outro sistema de transporte adaptado a bicicletas. Todos son moi fáciles de montar, custarache moi pouco adaptar a túa bici para viaxar acompañado. Pero non te preocupes que de nenos e outros acompañantes xa falaremos máis adiante.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649