Razóns polas que elixir a bici

El Camino de Santiago en Bici

O Camiño de Santiago é unha viaxe de renovación dun mesmo. Por iso, cada vez son máis as persoas de todo o mundo que se animan a realízalo. Ponte en forma, abre os teus sentidos e deixa que flúa na túa mente a esencia das cousas. É por esa razón pola cal quen o fai, repite.

9
Razóns polas que elixir a bici
La bici, una alternativa genial para recorrer el Camino

La bici, una alternativa genial para recorrer el Camino

A bici,unha das mellores formas deviaxar polo Camiño

Se estás barallando esta opción e aínda non tes as ideas moi claras, déixame dicirche que unha das mellores formas de facer o Camiño de Santiago é en bici. O por que pódelo atopar nas razóns que che amoso a continuación:

  • A bicicleta permíteche recorrer máis quilómetros en menos tiempo. O que é o mesmo: verás máis do Camiño nos días de lecer cos que contes, polo que poderás facerte un prantexamento de etapas máis rico. Podes empregar cada xornada en coñecer con profundidade as áreas de lecer, a súa cultura, o seu patrimonio e a súa contorna natural.

  • É lixeira: algo fundamental para cando es ti quen a leva a ela. Ademais, podes coller outros transportes se queres combinar a túa viaxe puidendo levala contigo, como ocorre co bus e co tren. Este último conta con colgadores específicos para bicis (podes consultar que tren ofrece este servizo na web)

  • Manexable e fácil de colocar: calqueira recuncho, parede, paseíllo, columna ou oco serve para gardala mentras descansas.

  • Dache liberdade: a sensación do aire na faciana mentras cheiras o campo é marabillosa. Levas todo o teu corpo exposto con certa velocidade, se te relaxas e te deixas levar poderás ter unha sensación parecida a voar.

  • Leva máis peso ca ti: ademáis da túa bolsa podes engadir á túa bici unha cesa deianteira e unhas alforxas paras as túas pertenzas e a comida.

  • Podes avanzar mentras descansas: a diferencia de ir andando, a bici aproveita a inercia coas inclinacións do camino, así que terás momentos de descanso muscular e poderás permitirte estirar sen facer unha pausa. Ademais, podes alternar de vez en cando o pedaleo sentado e de pé, que tan ben senta cando levamos unhas horas sobre a bici.

  • O teu fillo pode ir contigo: actualmente existen unha gran variedade de elementos que podes engadir á bici do teu fillo, de xeito que poida viaxar contigo. É o caso de sillas especiais ou carretas.

  • É unha estrutura que te resgarda: podes aproveitar atúa bici como a parede que non tes cando estás descansando á intemperie. É tan sinxelo como estirar a tela impermeable e atala en distintos puntos do esqueleto da túa bici para improvisar un teito. Se, ademais, podes atar o outro estremo da tea a unha árbore, mellor que mellor. Estarás máis protexido para durmir.

Planifica tu recorrido por el Camino antes de dar la primera pedalada

Planifica tu recorrido por el Camino antes de dar la primera pedalada

Se despois de todo isto aínda non cres que é unha boa idea, déixame diriche que, se hai algo bo dunha viaxe, é vivila con todos os sentidos e recordos. E montar en bici garda unha estreita relación cos nosos recordos, os da infancia para a mayoría. Porque todos aprendimos a caír con ela e loitamos porque nos quitaran o derradeiro rodeiro, porque xa podiamos sos. E porque, á ideade que sexa, a todos nós alguén nos ensinou a montar en bici e esa persoa nunca se esquece.

E se, polo que sexa, aínda non sabes manexarte con ela, a que agardas para pedir axuda? Déixame ensinarte e crea esta lembranza que a todos nos enche a alma, como facer o Camiño de Santiago. 


La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom