Como transportar a túa bici

El Camino de Santiago en Bici

Facer o Camiño de Santiago en bici significa na maioría das ocasións que a bici ten que viaxar connosco ó punto de partida da nosa ruta. E agora que fago eu coa miña bici?! Non te agobies, é máis fácil do que pensas. Te ofrecemos varias opcións para que escollas a que mellor se adapte ás túas necesidades.

7
Como transportar a túa bici
Llévate contigo la bici al Camino

Llévate contigo la bici al Camino

O tren é unha boa idea

Moitos dos que operan dentro de Galicia teñen colgadores para bicis pero adoitan coincidir con trens de curto percorrido. O problema adoita vir cando pensamos nunha viaxe longa.

Renfe ofrece a posibilidade de levar a túa bici nun tren de longo percorrido pero esta vai facturada, encartada ou desmontada embalada.

Hai servizos con reserva de praza para a túa bici e outros que non pero, neste caso, poderase limitar o número de bicicletas por tren e se terá en conta sempre que a nosa bicicleta non supoña unha molestia para o resto de viaxeiros.

Bici en bus

Se a túa idea é empregar o autobús tes que saber que a compañía que máis traxectos ten a Galicia é Monbus. Se queres transportar a túa bicicicleta en bus tes que facturala no momento de adquisición do teu boleto, polo que tes que abonar unha tarifa especial que se indica durante o proceso de compra do boleto na súa web.

A posibilidade de transportar a bici depende da dispoñibilidade de espazo no maleteiro do bus aínda que como máximo admítense 3 unidades por vehículo e 1 por cada viaxeiro e a bici debe ir correctamente embalada (coa roda dianteira desmontada para que avulte menos) para evitar que se estrague ela ou a equipaxe doutros viaxeiros.

Cousas a ter en conta

Para viaxar con bici námbolos dous casos, tanto se é en tren coma en autobús, é necesario que te presentes na estación con antelación. A diferenza é que, de non ter sitio no tren, a compañía devólveche os cartos do teu boleto mentres que en bus non pasa o mesmo.

Aínda que estas opcións son boas, para min a mellor é o transporte da túa bici a través dun servizo de mensaxería, dos cales, e a pesar de que hai un gran número de empresas, polas condicións e garantías que ofrece recomendámoste Correos

Motivos polos que elixir o envío

  • Aínda que hai servizos máis baratos o de Correos axunta todo o que necesitas para o transporte da túa bici na súa taxa.

  • Inclúe a embalaxe.

  • Te garda a bici nas súas oficinas da localidade que elixas ata 15 días, sen modificalo prezo. E se necesitas máis tempo gárdacha por 3 euros/día.

  • A bici pode viaxar soa. Tanto se a envías antes de que ti chegues coma de volta á oficina de Correos da túa localidade mentres disfrutas de Santiago uns días máis despois do Camiño.

  • E dentro da caixa podes gardar algo máis sempre que respecte a dimensión da embalaxe, como as túas alforxas das que xa te falei en (Que levar na túa bici).

En definitiva, sempre tes a oportunidade de facer todo proceso por ti mesmo e por partes xa que hai empresas que te proporcionan a embalaxe a baixo custo, outras o transporte da bici…

De calquera forma non esquezas que a planificación da túa viaxe é moi importante. Dedícalle tempo e tómate esta preparación como unha ilusión para evitar o estrés dos preparativos. Lembra que o obxectivo é facer o Camiño de Santiago en bicicleta, é dicir, fundirte coa natureza e medrar por dentro, ou sexa, un pracer.

La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom